
Palabras clave
A economía mundial

Economía
A economía é unha ciencia que estuda como as sociedades utilizan os seus limitados recursos para producir e distribuír bens e servizos, desde as necesidades humanas máis básicas ata o comercio internacional e a innovación tecnolóxica.

PIB
é unha unidade de medida q mide o valor monetario dos bens e servizos finais, é dicir, os comprados polo consumidor final, producidos por un país nun período determinado.

PIB pér capita
É un indicador macroeconómico de produtividade e desenvolvemento económico, usado para proporcionar unha visión sobre o desempeño das condicións económicas e sociais dun país.

Sector primario
Constitúe o conxunto de actividades económicas que obteñen materias primas do medio natural: gandería, agricultura, pesca e explotación mineira e forestal.

Sector secundario
O sector secundario comprende aquelas actividades artesanais e industriais que utilizan os recursos obtidos polo sector primario para elaborar novos produtos. Por exemplo: transformación de alimentos, industria do automóbil.

Sector terciario
O sector terciario son aquelas actividades laborais que producen bens ou servizos inmateriais, é dicir, que non transforman materias primas noutros produtos, como a educación, a xustiza ou a sanidade.
Axentes económicos

Estado
Elabora a pólitica económica do país, é dicir, as normas que se aplican ao ámbito da economía e que tenen como finalidade o seu bo funcionamento

Empresa
Producen bens e servizose distribúenos a cambio dun ben económico

Persoas
Achegan o seu traballo ás empresas ou ao estado a cambio dun salario ou dun beneficio económico
Factores económicos

Recursos naturais
Elementos da natureza que utiliza o ser humano para satisfacer determinadas necesidades que garantan o seu benestar ou desenvolvemento.

Capitál
Son bens duradeiros creados polo home, están formados principalmente por maquinaria, instalacións e ferramentas.

Tecnoloxía e coñecemento
As innovacións tecnolóxicas na economía permiten aumentar a produción e a eficiencia dos bens e servizos, o que finalmente se traduce en prosperidade.

Traballo das persoas
Toda actividade humana que intervén no proceso produtivo.

Custos de produción
É o custo total dos materiais, fabricación e/ou outros procesos utilizados na produción dun ben vendido nun mercado local ou noutro país.

Poboación activa
Todos os habitantes en idade de traballar que traballan nun emprego remunerado

Poboación inactiva
Abarca todas as persoas de 16 ou máis anos, non clasificadas como ocupadas ou desempregadas ou poboación contabilizada por separado durante a semana de referencia.

Oferta
Conxunto de bens ou mercadorías que se presentan no mercado cun prezo determinado e nun momento determinado

Demanda
Cantidade de bens e servizos que compran os consumidores a diferentes prezos nunha unidade de tempo determinada

Traballo formal
Traballadores asalariados dados de alta na seguridade social, principalmente en medianas e grandes empresas formais.

Traballo informal
É unha relación laboral que non está suxeita á lexislación nacional, non cumpre co pago de impostos

Capitálismo
O capitalismo é un sistema económico e social que se basea nos principios da propiedade privada dos medios de produción

Subsistencia
A economía de subsistencia é o sistema económico global propio da sociedade preindustrial, que se basea na agricultura de subsistencia; con explotacións, xeralmente familiares, que só teñen suficiente para a alimentación.

Comunismo
O comunismo é un sistema político e un modo de organización socioeconómica, caracterizado pola propiedade común dos medios de produción, así como pola inexistencia de clases sociais.

Monopolio
Un monopolio se trata de una situación de privilegio legal en el cual existe un productor o agente económico que posee un gran poder de mercado

Oligopolio
Un oligopolio é unha forma de mercado na que un mercado ou industria está dominado por un pequeno número de grandes vendedores.

Globalización económica
A globalización económica é un proceso histórico, froito da innovación humana e do progreso tecnolóxico.

Deslocalización da produción
Consiste en trasladar todo o seu sistema produtivo a rexións ou países que lles permitan producir con menores custos de produción.

G20
É un foro internacional de gobernadores e presidentes de bancos centrais, cuxo obxectivo é discutir políticas relacionadas coa promoción da estabilidade financeira internacional.

Factores físicos da agricultura
Os factores físicos que inflúen na actividade agrícola son o relevo, o clima, o solo e a rede hidrográfica.

Latifundio
Latifundio é unha gran explotación agrícola.

Minifundio
O minifundio é unha propiedade agrícola moi pequena que dificulta a súa explotación.

Openfield
Son un tipo de paisaxe agraria no que o terreo é aberto e moi extenso, sen barreiras entre eles, ocupando toda a superficie do territorio.

Bocage
O bocage é unha paisaxe composta por pequenas parcelas irregulares, tamén chamadas bardisas, separadas entre si por sebes,

Agricultura intensiva
A agricultura intensiva é un método de produción agrícola no que se fai un uso intensivo dos medios de produción como a sementeira.

Agricultura extensiva
É un sistema de produción agrícola que maximiza a capacidade de produtividade completa a curto prazo do solo

Secaño
Ás plantas cultivadas abóndalles a auga da chuvia para crecer.

Regadío
Os cultivos necesitan máis auga ca a da chuvia, e a esta achéganse mediante sistemas artificiais de rega.

Monocultivo
Toda ou case toda a terra se dedica a un produto, o que simplifica o uso de técnicas e, maquinaria agrícolas

Policultivo
Cultívanse varias especies vexetais nunha mesma explotación, que adoita ser de pequeno tamaño e está destinada ao autoconsumo

Agricultura tradicional
É o tipo de agricultura que ten como principal obxectivo a obtención de alimentos para a familia campesiña

Agricultura de plantación

Gandaría extensiva
É aquel que aproveita de forma eficiente os recursos naturais do territorio, cun baixo aproveitamento de insumos externos e principalmente a través do pastoreo.

Gandaría intensiva
É un tipo de cría de animais deseñado para maximizar a produción minimizando os custos económicos.

Sobreexplotación
A sobreexplotación refírese á extracción e consumo de recursos naturais ata o punto de que non se poden recuperar.

Acuicultura
A acuicultura é a cría de organismos animais e vexetais acuáticos en cautividade

Pesca litoral
Realizase xunto á costa, en pequenas embarcacións pesqueiras tradicionais, con metodos artesanais e as capturas destínanse ao consumo familiar e ao mercado local

Pesca de baixura
Realizase próxima á costa, en naves pequenas ou medianas, dotadas de aparellos axeitados para o que se queira capturar e practícase durante un tempo non superior a un día

Pesca de baixura
Realízase en mar aberto, en grandes barcos, con radar para detectar bancos de peixes, moitos son bunques de factoría, utilizan diversas artes de pesca, campañas se semanas e mesas e produción destinada á venda

PAC
É unha das principais políticas que a Comisión Europea desenvolve e executa xunto cos Estados membros, sendo o principal instrumento normativo en materia agraria en toda a Unión Europea.

PPC
Naceu co obxectivo principal de aumentar a productividade do sector, de forma que cubrise a demanda da UE a uns precios razoables.

Seguridade alimentaria
Refirese a que todas as persoas teñan acceso aos alimentos suficientes, seguros e nutritivos necesarios para unha vida sa

Sostibilidade ambiental
Equilibrio xerado pola relación harmónica entre o ser humano e a natureza que o rodea e da que forma parte, e que esta relación se mantén no tempo

Apoio gobernamental
Para interver o proceso de despoboamento de moitas zonas rurais é necesario que as institucións procuren aos traballadores e ás traballadoras do sector uns ingresos que lles permitan gozar dun nivel de vida digno