Memes

1. Crisis de Berlín (1948–1949 / 1961)


Trala Segunda Guerra Mundial, Berlín quedou dividida entre os aliados, pero situada dentro da zona soviética.
En 1948, a URSS bloqueou o acceso terrestre a Berlín Oeste.
EE. UU. respondeu con unha ponte aérea para abastecer a cidade.
En 1961, construíuse o Muro de Berlín para evitar a fuxida de cidadáns ao oeste.
Foi un símbolo da división ideolóxica da Guerra Fría. 

Guerra con Corea (1950-1953)

A Guerra de Corea comezou cando Corea do Norte, comunista, invadiu Corea do Sur.
EE. UU. interveu baixo mandato da ONU para defender o sur.
China entrou no conflito para apoiar o norte.
A guerra rematou cun armisticio en 1953, sen cambios fronteirizos significativos.
A península segue dividida na actualidade.

Guerra de Vietnam (1955-1975)

Vietnam do Norte (comunista) combateu contra Vietnam do Sur, apoiado por EE. UU.
A guerra converteuse nun dos maiores fracasos militares e políticos dos EE. UU.
Houbo fortes protestas sociais nos propios Estados Unidos.
En 1975, os comunistas gañaron e Vietnam quedou reunificado baixo un goberno comunista.
Foi un duro golpe para o prestixio dos EE. UU. na Guerra Fría.

Crisis dos mísiles en Cuba (1962)

A URSS instalou mísiles nucleares en Cuba, preto das costas dos EE. UU.
EE. UU. respondeu cun bloqueo naval para evitar novas armas.
O mundo estivo ao bordo da guerra nuclear.
Tras negociacións, Khrushchev retirou os mísiles e EE. UU. prometeu non invadir Cuba.
Foi o momento máis tenso da Guerra Fría.

Conflicto árabe-israelí (1976-1973)

O conflicto árabe-israelí implicou enfrontamentos repetidos entre Israel e países veciños árabes.

En 1967 , Israel gañou a Guerra dos seis Días e ocupo territorios en clave. En 1973, os países árabes atacaron de novo durante o lom Kipur.

A URSS apoiaba aos árabes e EE.UU. a Israel, aumentando a tensión global. O conflicto tivo un importante impacto na enerxía e política mundial.

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar